Avaliación para a contratación do profesorado universitario (PEP)

O Programa de Avaliación do Profesorado para a contratación (PEP), é un procedemento para a obtención da avaliación da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), e da súa certificación, para os efectos de contratación de persoal docente e investigador universitario.

Realízase a avaliación curricular das candidaturas a prazas de profesorado contratado como requisito previo á contratación nas figuras que así o requiren por lei:

  • No caso de universidades públicas, a lei esixe un informe favorable previo para as figuras de Profesor/a Contratado/a Doutor/a (PCD).
  • No caso de universidades privadas, a lei establece que o 60% o total do profesorado doutor dunha universidade privada deberá obter unha avaliación positiva de ANECA para a figura de Profesor/a de Universidade Privada (PUP).

Para participar na convocatoria é necesario posuír o título de Doutor. No caso de que o título estea en proceso de homologación, poderá solicitar a avaliación. No entanto, esta non terá efectos ata a homologación efectiva do título.

O prazo máximo de resolución deste procedemento é de 6 meses a contar desde a data de rexistro da solicitude.

icono-contacto

Subdirección General de Seguimiento de la Calidad Académica del Sistema Universitario

P.º de la Castellana 162. 28046 Madrid.

sgfpu@ciencia.gob.es

Profesorado contratado

evalua.profesor@ciencia.gob.es

Consultas sobre la solicitud (ACREDITA)

ayuda.solicitante@aneca.es

Consultas sobre incidencias informáticas

Formulario de consultas informáticas

Consultas generales

Formulario de consultas generales