O European Qualifications Framework (EFQ) é o Marco Europeo de Cualificacións para a aprendizaxe permanente. Trátase dun sistema común de referencia que facilita a comparación das cualificacións entre os países europeos de forma transparente e coherente, mediante a súa correspondencia cos marcos nacionais de cualificacións dos Estados do Espazo Europeo de Educación. O EQF estrutúrase en oito niveis de referencia, tal como establece a Recomendación do Consello (europass.europa.eu).
Este comparador permite coñecer a que nivel académico correspóndese a súa titulación en España.
O comparador non exime de realizar o proceso de recoñecemento correspondente, nin garante o resultado da avaliación, é unha ferramenta orientativa.