Quen poden solicitar a axilización da tramitación das solicitudes de homologación ou declaración de equivalencia?
Todas as persoas con status de refuxiado, solicitante de asilo ou con dereito a protección temporal (segundo a Directiva de Protección Temporal, Directiva do Consello 2001/55/EC).
Para as persoas procedentes de Afganistán ou Ucraína, que tivesen que abandonar o país como consecuencia da deterioración das condicións políticas, humanitarias e de seguridade, o Ministerio publicou Resolucións onde se ditan instrucións para solicitar a axilización na tramitación dos expedientes de homologación e declaración de equivalencia (ver ámbito de aplicación da resolución).
Como solicitar a axilización?
Presente a solicitude correspondente a través da sede electrónica.
- Solicitude de homologación de títulos estranxeiros (universidades.sede.gob.es)
- Solicitud de equivalencia de títulos extranjeros (universidades.sede.gob.es)
Se é refuxiado/a de Afganistán
Unha vez presentada a solicitude deberá comunicar por correo electrónico que desexa acollerse a este proceso de axilización.
titulos.procedimientoafganistan@ciencia.gob.es.
No correo electrónico deberá indicar cal das situacións que enumera a resolución (situacións a-g) xustifica este recoñecemento, o nome e apelidos do solicitante e o código do expediente.
Se é refuxiado/a de Ucraína
Unha vez presentada a solicitude deberá comunicar por correo electrónico que desexa acollerse a este proceso de axilización.
titulos.protecciontemporalucrania@ciencia.gob.es.
No correo electrónico deberá indicar cal das situacións que enumera a resolución (situacións a-g) xustifica este recoñecemento, o nome e apelidos do solicitante e o código do expediente.