Comunicación

O Regulamento (UE) nº 1303/2013 esixe o cumprimento de determinados aspectos en materia de comunicación e publicidade.

No período actual segue sendo necesario elaborar unha estratexia de comunicación e facer un seguimento e avaliación das medidas que a sustenten, así como dar publicidade destas actuacións, resaltando as Boas Practicas en materia de comunicación e presentando as mellores actuacións cofinanciadas con fondos europeos.

A Estratexia de Comunicación enmarca os obxectivos definidos neste ámbito, as medidas de información e publicidade para levalos a cabo, e dispón as medidas e obrigas dirixidas a cada un dos colectivos identificados: beneficiarios potenciais e beneficiarios do cofinanciamento comunitario, axentes difusores e público en xeral.

A Autoridade de Xestión do FEDER elaborou unha Estratexia de Comunicación para o POPE. A Secretaría Xeral de Innovación, como Organismo Intermedio, é responsable da aplicación desa Estratexia de Comunicación, así como do cumprimento da normativa comunitaria en materia de información e comunicación, no ámbito das súas competencias.

Cada un dos Organismos con Senda Financeira dispón de información para os seus beneficiarios relacionada coa comunicación do cofinanciamento FEDER, así como dos indicadores de comunicación.

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...