A Estratexia Europa 2020 sinala o camiño cara ao crecemento intelixente, sustentable e integrador da Unión Europea nesta década. Os traballos de programación da Política de Cohesión 2014-2020, coordinados pola Dirección Xeral de Fondos Europeos, centráronse na elaboración dos seguintes documentos estratéxicos:
- Acordo de Asociación
É o documento nacional, de carácter estratéxico, elaborado por cada Estado membro, que expón a estratexia e prioridades de investimento dos Fondos da política de Cohesión (FEDER, FSE, FEADER e FEMP) para o período 2014-2020.
Acordo de Asociación de España 2014-2020
- PO Plurirregional de España 2014-2020
Este Programa Operativo é resultado da fusión dos anteriores PO Crecemento Intelixente e PO Crecemento Sustentable 2014-2020, concreta a estratexia e os obxectivos globais de intervención da Administración Xeral do Estado (AGE) cofinanciadas co fondo FEDER nos ámbitos do crecemento intelixente e sustentable (e no ámbito urbano tamén o crecemento integrador)