Os ecosistemas de innovación son esenciais para multiplicar o impacto das actuacións e que os resultados do I+D+i acelere a súa chegada ao mercado e á sociedade. Cando estes ecosistemas están ben cohesionados provócase unha colaboración entre axentes de distinta natureza que tracciona innovación e facilita a aplicación de resultados de maneira áxil.
Está prevista a convocatoria de Ecosistemas de Innovación no ámbito do Plan de Recuperación en 2022. Será unha convocatoria competitiva, aliñada cos ámbitos tecnolóxicos prioritarios no país e que requiran unha maior cooperación entre axentes para optimizar o impacto de investimentos e proxectos realizados baixo distintas convocatorias.
Un dos ámbitos que se priorizará será o aeroespacial no que se financiará un proxecto que axunte actividades de cooperación, de traballo conxunto, de diseminación de tecnoloxía e de promoción do emprendimiento. Un dos aspectos esenciais que deberán ter estes ecosistemas é traccionar innovación entre os seus axentes, así como a difusión dos avances tecnolóxicos para a súa chegada á sociedade.
Execución e resultados
En xuño de 2023 publicouse aOrde CIN/644/2023, do 16 de xuño, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas, por parte do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E., aos programas "Axudas Cervera a Centros Tecnolóxicos" e "Axudas a Ecosistemas de Innovación" do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do PRTR; e pola que se modifica a Orde CIN/373/2022.