Horizonte Europa é o Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea para o período 2021-2027. Cun orzamento de 95.517 millóns de euros para este período de sete anos, está deseñado cunha mentalidade de investimento máis que como un instrumento exclusivamente de financiamento.
Horizonte Europa conta cunha estrutura baseada en tres alicerces:
- El pilar 1, Ciencia Excelente, que a través del Consejo Europeo de Investigación (ERC) financia proyectos de investigación en la frontera del conocimiento diseñados y dirigidos por investigadores. También apoya el desarrollo profesional y la formación del personal investigador a través del programa Marie Sklodowska-Curie (MSCA), e invierte en mejorar y optimizar el acceso transnacional a las Infraestructuras de Investigación de nivel mundial.
- O alicerce 2, Desafíos Globais e Competitividade Industrial Europea, financia a investigación dentro dos retos sociais, reforza as capacidades tecnolóxicas industriais e establece misións con obxectivos ambiciosos orientados cara aos grandes desafíos globais. Ademais, apoia a creación de Asociacións Europeas cos Estados membros e a industria para traballar conxuntamente en I+I. Tamén inclúe ao Centro Común de Investigación (JRC) que asiste á UE e aos gobernos nacionais na súa toma de decisións.
- O alicerce 3, Europa Innovadora, ten como obxectivo facer de Europa unha potencia pioneira na innovación de creación de mercado e no crecemento de pemes innovadoras a través do Consello Europeo de Innovación (EIC).
Estes tres alicerces susténtanse sobre un programa horizontal, Ampliando a participación e fortalecendo a Área Europeo de Investigación (ERA), dedicado a axudar aos Estados membros da UE nos seus esforzos por desenvolver o seu potencial nacional de investigación e innovación, e especialmente, a aqueles Estados con menor rendemento en I+I para que melloren a súa participación en Horizonte Europa.
A Guía de Participación proporciona información xeral do programa, así como de todo o proceso de participación, desde a detección da oportunidade de participación e a elaboración e presentación dunha proposta; pasando pola posta en marcha, desenvolvemento, seguimento e finalización dos proxectos, ata a avaliación de propostas e preparación e sinatura do acordo de subvención do proxecto coa Comisión Europea.
Nas accións do programa Horizonte Europa pode participar calquera entidade xurídica, xa sexa empresa, universidade, centro de investigación, asociación, Administración pública, ou calquera outro tipo de entidade, que queira desenvolver un proxecto de I+D+I cuxo contido se adapte ás condicións, liñas e prioridades establecidas no programa de traballo ou as convocatorias de propostas.