Sacyr. Premio Nacional de Innovación 2022. Gran Empresa
A multinacional española SACYR foi premiada nesta categoría por establecer un ambicioso modelo de negocio para as próximas décadas que asinta os seus alicerces na innovación e nunha nova visión do despregamento de infraestruturas e servizos.
Os retos que a dixitalización e a transición ecolóxica supoñen no medio e longo prazo adquiren unha dimensión estratéxica para SACYR e supoñen claras oportunidades de negocio para esta empresa, asociadas ao hidróxeno verde, a descarbonización ou as cidades climáticamente neutras, intelixentes e sustentables, sempre dentro dun marco de innovación aberta e colaboración público-privada que favorece o emprendimiento e a innovación e exerce un importante papel de tracción sobre outros sectores industriais.