Plataformas tecnolóxicas

As Plataformas tecnolóxicas son estruturas público-privadas de traballo en equipo lideradas pola industria, nas que todos os axentes do sistema español de Ciencia-Tecnoloxía-Innovación interesados nun campo tecnolóxico traballan conxunta e coordinadamente para identificar e priorizar as necesidades tecnolóxicas, de investigación e de innovación a medio ou longo prazo.

O seu principal obxectivo é conseguir os avances científicos e tecnolóxicos que aseguren a competitividade, a sustentabilidade e o crecemento do noso tecido empresarial, aliñando as estratexias dos diferentes axentes e concentrando os esforzos de I+D+i.

Convocatoria Plataformas tecnolóxicas

O obxectivo destas axudas é a creación e consolidación das Plataformas Tecnolóxicas e de Innovación, mediante o financiamento de actividades de:

  1. Organización da Asemblea Anual da Plataforma.
  2. Difusión ou xornadas temáticas relacionadas coa actividade da Plataforma.
  3. Elaboración de documentos relacionados coa actividade da Plataforma.
  4. Elaboración de estudos prospectivos e estudos de demanda temperá.
  5. Actuacións no ámbito dos Retos de Colaboración con outras plataformas.
  6. Actuacións encamiñadas a favorecer a cooperación tecnolóxica e o asesoramento na preparación de proxectos de I+D+i.
  7. Fomento da participación en actividades de internacionalización do I+D+i.

A Axencia Estatal de Investigación (AEI) é a encargada de xestionar estas convocatorias.