A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) é un centro universitario de alta cultura, investigación e especialización, no que converxen actividades de distintas especialidades universitarias. A súa misión é difundir a cultura e a ciencia, fomentar as relacións de intercambio de información científica e cultural, de interese internacional e interregional, e desenvolver actividades de alta investigación e especialización.
A UIMP quere ser unha universidade aberta a todos os ámbitos académicos e culturais, que promove o debate de temas na fronteira do coñecemento, a análise das cuestións que concirnen ao futuro da sociedade, a actividade cultural de maior actualidade, o estudo e o ensino de carácter multi- e interdisciplinar, a formación postgraduada orientada ao emprego e a reciclaxe profesional e a proxección internacional da creación científica e cultural española.