Secretaría Xeral de Innovación

A Secretaría Xeral de Innovación exerce funcións de dirección en materia de ciencia, innovación e universidades, así como o impulso da consecución de obxectivos e a execución dos proxectos da súa organización.

Son tamén funcións desta Secretaría Xeral de Innovación:

  • A dirección das competencias atribuídas ao departamento en materia de innovación.
  • A dirección estratéxica da Entidade Pública Empresarial Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e a coordinación estratéxica da Axencia Estatal "Axencia Espacial Española".
  • A xestión de programas operativos cofinanciados por fondos da Unión Europea.
  • A coordinación de actividades de promoción de ámbitos estratéxicos en materia de innovación.
  • A emisión dos informes motivados relativos ao cumprimento de requisitos científicos e tecnolóxicos para efectos da aplicación e interpretación de deducións fiscais por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
  • A acreditación e xestión do rexistro de PEMES Innovadoras sobre bonificacións na cotización á Seguridade Social do persoal investigador.
  • O impulso á compra pública de innovación.
  • A xestión de actuacións relacionadas coa “Rede Innpulso – Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación”.
  • O impulso de programas conxuntos con Comunidades Autónomas e Entidades locais en materia de innovación.
  • As relacións e coordinación con outras unidades, órganos e organismos da Administración Xeral do Estado responsables de políticas de innovación e políticas sectoriais estreitamente relacionadas con estas.
  • As relacións, participación e representación do ministerio en organismos, programas e grupos de traballo en materia de innovación en sectores estratéxicos a nivel nacional e internacional.
  • A coordinación, deseño, execución e avaliación de estratexias, programas e iniciativas no ámbito da innovación en políticas públicas.
  • A coordinación da contribución ás estratexias e plans nacionais no ámbito da innovación.
  • O fomento do deseño como panca da innovación e como instrumento de transformación e modernización da administración pública.
  • A xestión de premios nacionais en materia de innovación e deseño.
  • A coordinación da actividade do Grupo de Traballo Interministerial do PERTE Aeroespacial e da Alianza polo PERTE Aeroespacial.
  • A coordinación e impulso do deseño, a execución e o seguimento de iniciativas do PERTE Aeroespacial no ámbito da Administración Xeral do Estado.
  • A potenciación da colaboración con outras Administracións Públicas e a colaboración público-privada para a óptima execución das medidas do PERTE Aeroespacial.
  • O fomento de estratexias, políticas e medidas que promocionen o sector aeroespacial español.
  • A coordinación das axudas de Estado, no ámbito das súas competencias, coa Axencia Estatal de Investigación e o a Entidade Pública Empresarial Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI).

Esta Secretaría Xeral componse dos seguintes órganos directivos:

  • A Subdirección Xeral de Fomento da Innovación.
  • A Subdirección Xeral de Políticas de Innovación.
  • A Subdirección Xeral de Política e Estratexia Aeroespacial.

Adscríbense a esta Secretaría Xeral:

Secretaria xeral: Dna. Teresa Riesgo Alcaide.

icono-contacto

Secretaría General de Innovación

P.º de la Castellana 162. 28046 Madrid

916 038 849

sginnovacion@ciencia.gob.es

RESPONSABLE DEL TRATAMIENTO Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. División de Atención al Ciudadano y Publicaciones. P.º de la Castellana, 162, 28046 Madrid
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS dpd@ciencia.gob.es
FINALIDAD DEL TRATAMIENTO Gestionar la comunicación e información con la ciudadanía.
BASE JURÍDICA Artículo 6.1.a) del RGPD: El interesado dio su consentimiento para el tratamiento de sus datos personales para uno o varios fines específicos.
DERECHOS RECONOCIDOS Puede ejercitar sus derechos de acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, y de limitación u oposición a su tratamiento, a través del Procedimiento de ejercicio derechos datos personales (CIENCIA - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades ) disponible en la sede electrónica del Ministerio. Si considera que no se han tratado sus datos personales de acuerdo con la normativa, puede dirigirse al Delegado de Protección de Datos o bien presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (Agencia Española de Protección de Datos | AEPD ).
INFORMACIÓN ADICIONAL Puede consultar información adicional en la Política de privacidad y protección de datos de la página web del Ministerio.