O Instituto de Sistemas Optoelectrónicos e Microtecnología (ISOM), está adscrito á Universidade Politécnica de Madrid (UPM), desde o ano 2000. Trátase dun instituto de investigación interdepartamental, con sede na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación, integrado por varios equipos de investigación, onde se desenvolven proxectos nas áreas de optoelectrónica e micro/nanotecnoloxía.
O ISOM consta de 400 m2 de salas limpas, 300 m2 de laboratorios de caracterización con aire acondicionado centralizado e 200 m2 de laboratorios de instrumentación e electrónica. As instalacións inclúen unha sala de cooperación industrial e transferencia tecnolóxica, e unha oficina para a xestión de servizos ao exterior.
A Central de Tecnoloxía do ISOM foi recoñecida Instalación Científica e Tecnolóxica Singular (ICTS) polo MEC no ano 2001, e ten por obxectivo ofrecer os seus servizos de tecnoloxía, procesado e caracterización á comunidade científica e tecnolóxica española e europea.
LINEAS DE INVESTIGACIÓN:
- Comunicacións Ópticas
- Sistemas con sensores magnéticos
- Simulación de materiais non metálicos
- Microsistemas e nanotecnoloxía
- Sistemas con sensores ópticos