Rede Española de Supercomputación (RES) - Altamira

Este supercomputador está integrado nos Servizos Científico-Técnicos (SCTI) da Universidade de Cantabria (UC), e atópase instalado no Instituto de Física de Cantabria (IFCA), un centro dependente da UC e do CSIC. O IFCA conta con liñas de investigación en astrofísica, física de altas enerxías e a computación distribuída.  

O segundo sistema Altamira púxose en marcha en outubro de 2012 e conta con 163 nodos IBM iDataPlex con procesadores Xeon, conectados por rede Infiniband QDR, incluíndo cinco nodos coas  GPU Tesla, ofrecendo un total de máis de 7.500 cores.  

A memoria total dispoñible é máis de 10 TB (64 GB/nodo), e a potencia de cálculo supera o 50 Tflops/s. Cada nodo está interconectado por unha rede Infiniband a un sistema paralelo de ficheiros global de alto rendemento GPFS, cunha capacidade total de máis de 2 PB.  

Está conectado a RedIIRIS directamente mediante fibra escura cun largo de banda actual de 10 Gb/s. Altamira contribúe á RES cun 20% dos seus recursos. 

icono-contacto

RES - Altamira en Universidad de Cantabria

Instituto de Física de Cantabria Edificio Juan Jordá, Avenida de los Castros, s/n. 39005, Santander - España

94 220 14 04

difusion@ifca.unican.es