O Barcelona Supercomputing Center–Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS) foi oficialmente constituído en 2005 pola Administración Xeral do Estado, a Generalitat de Catalunya e a Universitat Politècnica de Catalunya (UPC).
A súa especialidade é a computación de altas prestacións, tamén coñecida como HPC, e a súa función é dobre: ofrecer infraestruturas e servizo en supercomputación aos científicos españois e europeos, e xerar coñecemento e tecnoloxía para transferilos á sociedade.
O BSC-CNS é un Centro de Excelencia Severo Ochoa, membro de primeiro nivel da infraestrutura de investigación europea PRACE e coordinador da RES. Proporciona á RES as súas dúas máquinas máis potentes: Mare- Nostrum e MinoTauro.
MareNostrum é unha máquina de propósito xeral con procesadores x86 (con 49.568 cores), capaz de proporcionar máis de 1,1 Pflops/s de capacidade de cálculo.
MinoTauro é unha máquina heteroxénea que proporciona a súa máxima capacidade de cálculo grazas ás súas acelerador gráficas (GPUS), que lle proporcionan máis de 180 Tflops/s. O BSC-CNS ofrece á RES un 24% de MareNostrum (uns 80 millóns de horas de cómputo anuais) e o 60% de MinoTauro (máis de seis millóns de horas de cómputo anuais).