<p>Consello Superior de Investigacións Científicas</p>

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) é a maior institución pública de España dedicada á investigación científica e técnica e unha das máis destacadas do Espazo Europeo de Investigación. Adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Secretaría Xeral de Investigación, o CSIC estrutúrase en tres grandes áreas, Sociedade, Vida e Materia, que cobren a maior parte do coñecemento humano e nas que se encadra a actividade de máis de 1.500 grupos de investigación dos seus 120 centros. 

Entre os seus obxectivos destaca o achegar as capacidades e logros científicos e tecnolóxicos a todos os sectores socioeconómicos nacionais e internacionais, co fin de lograr que se transformen en benestar social, económico e cultural para o conxunto da sociedade.  Ademais, impulsa continuamente a dimensión internacional da súa produción científica con estreitas relacións con entidades de investigación internacionais. 

O CSIC ten como misión o fomento, a coordinación, o desenvolvemento e a difusión da investigación científica e tecnolóxica, de carácter multidisciplinar, co fin de contribuír ao avance do coñecemento e ao desenvolvemento económico, social e cultural, así como á formación de persoal e ao asesoramento a entidades públicas e privadas nestas materias. 

Conta con competencias para levar a cabo actividades dirixidas a: 

  • la generaci&oacute;n de conocimiento a trav&eacute;s de la investigaci&oacute;n cient&iacute;fica y t&eacute;cnica,

  • a transferencia dos resultados da investigación con especial atención ao impulso e creación de empresas de base tecnolóxica, 

  • o asesoramento experto a administracións públicas e institucións privadas, 

  • a formación pre e postdoutoral e de alta cualificación, 

  • o fomento da cultura científica na sociedade, 

  • a xestión de grandes instalacións e infraestruturas científico técnicas singulares, 

  • a presenza e representación en organismos internacionais, e

  • o desenvolvemento da investigación orientada. 

icono-contacto

Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

C/ Serrano 117. 28006 Madrid.

915 681 400

sege@csic.es