O Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) é un organismo de referencia nacional e internacional en investigación biomédica e saúde pública que leva a cabo as seguintes funcións:
-
Fomento de la investigación dirigida a proteger y mejorar la salud, financiando la investigación de excelencia y altamente competitiva a través de la Acción Estratégica en Salud del Plan Estatal de I+D+I.
-
Vertebración da investigación no ámbito do Sistema Nacional de Saúde (SNS), a través dos seus centros de referencia nacional, institutos de investigación, fundacións, redes, consorcios e plataformas de servizos científico-técnicos.
-
Xestiona, desenvolve e ofrece ao conxunto do Estado servizos científico-técnicos de referencia para a prevención e o control de enfermidades transmisibles e non transmisibles, saúde ambiental, produtos biolóxicos e aqueles potencialmente perigosos para a saúde pública.
-
Ofrece servizos de asesoramento científico-técnico para fundamentar a toma de decisións en tecnoloxías sanitarias e servizos de saúde no SNS.
-
Desenvolve programas docentes dirixidos ao conxunto do SNS, e proporcionar servizos de información sanitaria e documentación científica.
Está adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Secretaría Xeral de Investigación. Depende funcionalmente do Ministerio de Sanidade para a realización daquelas actividades que desenvolva en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e, en coordinación co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, daqueloutras de investigación aplicada cando teñan translación ao SNS. Para a realización do resto de actividades dependerá funcionalmente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.