<p>Formación e capacitación</p>

Un cambio na cultura organizativa das institucións de ciencia e de innovación públicas e privadas é necesario para crear unha contorna favorable á igualdade de xénero e a promoción das mulleres en todos os espazos. Cambiar a cultura organizativa require incidir nas prácticas da organización, e na sensibilización das persoas, e para o que é fundamental a formación e a capacitación en igualdade de xénero de todo o persoal, así como formación específica adaptada ás funcións do posto.

Liñas de actuación:

  • compromiso da Dirección,
  • actuación ante resistencias ás políticas de igualdade,
  • prevención de actitudes sexistas,
  • tolerancia cero ao acoso sexual e por razón de sexo,
  • formación e capacitación en igualdade adaptada ao posto,
  • comunicación e visibilidade dos compromisos de igualdade, e
  • linguaxe inclusiva e non sexista.

Formación en estudos universitarios e de posgrao

O artigo 25 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, encomenda ás Administracións públicas fomentar o ensino e a investigación sobre o significado e alcance da igualdade entre mulleres e homes, así como promover a inclusión nos plans de estudo en que proceda de ensinos en materia de igualdade entre mulleres e homes e a creación de posgraos específicos.

Rexistro de Universidades, Centros e Títulos do Ministerio de Universidades (RUCT), e nas páxinas web das universidades: existe unha oferta de Máster universitarios oficiais en materia de igualdade e violencia de xénero, estudos de xénero e políticas de igualdade, que poden consultarse no Máster universitario en Estudos de Xénero.