A identificación e rexionalización dos axentes do sistema do deseño, tanto da oferta (deseñadores, escolas e investigación) como da demanda (usuarios, apoio e promoción) incluíndo actores como administracións responsables do desenvolvemento de políticas en deseño e instrumentos de financiamento, quedan reflectidas en forma de mapa nunha plataforma dinámica deseñada para consulta e explotación de datos. Esta información poderá ser actualizada para garantir que sexa un fiel reflexo da realidade do deseño en España. A través deste mapa de actores e iniciativas nas diferentes Comunidades Autónomas e un repositorio de publicacións relevantes sobre o sector e o seu impacto económico e social, esta plataforma é unha base de coñecemento para aquelas empresas, entidades, profesionais ou investigadores, que teñan interese en coñecer mellor o sector do deseño español, que permite dar visibilidade ao colectivo do deseño e pór en evidencia o seu potencial como tractor de innovación e de competitividade.
O Ecosistema do Deseño en España é unha plataforma promovida desde o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades en resposta aos pedimentos do sector e que se orienta á definición, caracterización, dimensionamento e posicionamento do colectivo do deseño fronte a outros sectores da economía.
Esta ambiciosa iniciativa é o resultado dun esforzo de coordinación e traballo en equipo sen precedentes entre asociacións, colexios profesionais e centros de promoción. O seu apoio foi imprescindible para alcanzar as empresas e autónomos dedicados ao deseño e recompilar os datos que deron contido a esta plataforma. A contribución destas entidades é a mellor garantía da calidade e impacto que esta iniciativa persegue, e que non pretende senón contribuír a reforzar a percepción profesional e social do colectivo do deseño.
Mapa do ecosistema

Proxectos
O Ministerio debe seguir enfocando os seus esforzos en desenvolver proxectos de cuantificación do sector do deseño, tanto desde a oferta como desde a demanda, identificando indicadores, desenvolvendo métricas e levando a cabo as melloras necesarias.
Proxectos como a caracterización das empresas de servizos de deseño, o deseño nas Administracións Públicas ou o deseño en tempos da COVID ofrecen unha visión real do sector que axudan a deseñar estratexias para o seu fomento e desenvolvemento.

Publicacións
Espazo dedicado ás publicacións máis relevantes sobre o sector e o seu impacto económico e social, como base de coñecemento para aquelas empresas, entidades, profesionais ou investigadores, que teñan interese en coñecer mellor o sector do deseño español, que permite dar visibilidade ao colectivo do deseño e pór en evidencia o seu potencial como tractor de innovación e de competitividade.

Colaboradores
O Ecosistema de deseño é o resultado dun esforzo de coordinación colectivo sen precedentes coas asociacións, os colexios profesionais e os centros de promoción do sector do deseño que souberon transmitir aos diferentes axentes do sistema a importancia da súa participación, animando de maneira activa á achega de datos para a definición cualitativa e cuantitativa aos axentes do sistema do deseño.

Habiendo sido informado/a del tratamiento del que van a ser objeto mis datos personales, doy libremente mi consentimiento a dicho tratamiento.
RESPONSABLE DEL TRATAMIENTO | Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. División de Atención al Ciudadano y Publicaciones. P.º de la Castellana, 162, 28046 Madrid |
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS | dpd@ciencia.gob.es |
FINALIDAD DEL TRATAMIENTO | Gestionar la comunicación e información con la ciudadanía. |
BASE JURÍDICA | Artículo 6.1.a) del RGPD: El interesado dio su consentimiento para el tratamiento de sus datos personales para uno o varios fines específicos. |
DERECHOS RECONOCIDOS | Puede ejercitar sus derechos de acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, y de limitación u oposición a su tratamiento, a través del Procedimiento de ejercicio derechos datos personales (CIENCIA - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades ) disponible en la sede electrónica del Ministerio. Si considera que no se han tratado sus datos personales de acuerdo con la normativa, puede dirigirse al Delegado de Protección de Datos o bien presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (Agencia Española de Protección de Datos | AEPD ). |
INFORMACIÓN ADICIONAL | Puede consultar información adicional en la Política de privacidad y protección de datos de la página web del Ministerio. |