Plataforma de Metabolómica do Centro de Ciencias Ómicas (COS)

O COS é unha instalación científico-técnica equipada coas tecnoloxías máis punteiras en metabolómica e proteómica, complementada con tecnoloxías de transcriptómica, xenómica e validación de biomarcadores.

O COS é de titularidade da Universidade Rovira e Virgili e está xestionado polo Centro Tecnolóxico de Nutrición e Saúde, que ofrece asesoramento científico e apoio técnico na aplicación das tecnoloxías ómicas de forma integrada aos novos retos das ciencias da vida.

A integración nunha única instalación de múltiples tecnoloxías en metabolómica e proteómica permite utilizar as tecnoloxías máis idóneas, ou a combinación delas, para determinar o perfilado metabólico. As metodoloxías de metabolómica non dirixida permiten postular hipóteses que poden comprobarse e elucidar os mecanismos bioquímicos implicados, mediante a utilización de tecnoloxías ómicas complementarias como xenómica, transcriptómica ou proteómica e a validación in vitro, in vivo e en humanos.

O COS aplica estas tecnoloxías para mellorar o coñecemento e as aplicacións innovadoras en saúde, alimentación animal e humana, e industrias farmacéuticas e ambiental.

icono-contacto

Centre for Omic Sciences (COS)

Avenida Universitat,1. 43204-Reus

multiomics@omicstech-icts.org

https://omicscentre.com/