Profesor/a de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas está regulada en España e para exercela necesítase unha formación e cualificación específica regulada por lei ou normativa.
Que necesita para homologar o seu título universitario?
Para ser profesor/a dos corpos de secundaria, FP ou EOI en España requírese estar en posesión de dúas titulacións; un grao (titulación de base) e o máster de formación do profesorado habilitante para o exercicio da profesión. Polo que se a súa titulación é estranxeira deberá ter en conta o seguinte:
Os criterios de avaliación para a homologación a profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (aneca.es) que elabora a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).