Neste apartado inclúense as Estratexias no ámbito de I+D+I, tanto a Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, coma as estratexias europeas e as sectoriais.

Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (EECTI)

A Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (EECTI) é o marco de referencia plurianual para o fomento da investigación científica, técnica e de innovación, no que se establecen os obxectivos compartidos pola totalidade das AAPP.

Pacto por la Ciencia y la Innovación

El Pacto por la Ciencia y la Innovación es un documento firmado por organizaciones representativas de la ciencia, la universidad, la empresa y los trabajadores. Este documento, que refleja el acuerdo de la sociedad civil sobre el papel de la ciencia y la innovación en España, contempla una serie de compromisos concretos en cuanto al aumento sostenible de recursos, la mejora de las condiciones del personal científico y técnico y el refuerzo de la autonomía y la coordinación de las entidades financiadoras de la I+D+I. Para concretar el Pacto, el Congreso de los Diputados aprobó la creación de una subcomisión, que ya ha iniciado sus trabajos.

Ámbito estratéxico europeo e internacional

A EECTI segue as orientacións políticas da UE e o marco estratéxico global como piares fundamentais para identificar os seus obxectivos xerais. 

Os obxectivos da EECTI teñen en consideración a contribución da I+D+i á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas e do Acordo de París. O Plan de Acción para a Implantación da Axenda 2030 en España identifica a investigación científica e técnica como unha política panca para contribuír á consecución dos ODS.

Estratexias sectoriais

A EECTI 2021-2027 súmase ás Estratexias sectoriais nas que a I+D+I xoga un papel fundamental, especialmente a Estratexia española de I+D+i en Intelixencia Artificial no que a actual Secretaría de Investigación foi clave no seu desenvolvemento.

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...