Na actualidade, os gobernos han de definir políticas e accións que contribúan a acelerar o crecemento económico, á vez que se presta atención aos aspectos sociais e ambientais. É neste contexto onde as políticas de innovación e transferencia do coñecemento xogan un papel fundamental. Estas políticas teñen como obxectivo tanto resolver os problemas presentes coma se anticipar a retos futuros. 

Para iso, prevense mecanismos de coordinación entre as Administracións Públicas implicadas, así como mecanismos de colaboración entre o ámbito público e privado. A idea é que, o noso país, e a Unión Europea no seu conxunto, sigan avanzando cara a un modelo de especialización científica, tecnolóxica e produtiva capaz de garantir unha economía competitiva baseada no coñecemento, o benestar social e a protección ambiental.

Compra Pública de Innovación- Liña FID

A Compra Pública de Innovación (CPI) ten como obxectivo potenciar a innovación no sector público e sector privado por medio da compra pública, de forma que se incorporen solucións innovadoras nas Administracións Públicas e se incentive a innovación nas empresas.

Fiscalidade e bonificacións

A Administración Pública conta con varios instrumentos para o impulso da innovación empresarial, tales como os incentivos fiscais e as bonificacións sobre a cota á Seguridade Social por persoal investigador

Como principais instrumentos fiscais, salientan os Informes Motivados Vinculantes e o selo PEME Innovadora.

Transferencia do coñecemento

A transferencia do coñecemento constitúe un dos eixes de actuación prioritarios na Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. O principal obxectivo é colocar a España entre os países con maior nivel de innovación, facendo que a transferencia de coñecemento teña impacto en termos de xeración de progreso.

Deseño como motor da innovación

O investimento en innovación e en deseño é unha aposta de presente e de futuro. A innovación fai posible acadar a excelencia empresarial e o liderado nos mercados.  A aposta das empresas pola innovación é unha das nosas mellores ferramentas para favorecer a competitividade, o progreso social e o crecemento económico a longo prazo. O deseño, pola súa banda, é fonte de riqueza e benestar. Pero ademais o deseño, é motor da innovación, estando sempre presente no proceso produtivo. O deseño constitúe a base e a forza impulsora da innovación. 

Ambos os dous, innovación e deseño, compleméntanse e interaccionan entre si. A innovación é elemento determinante para o avance e a evolución do deseño, abríndolle novos campos de desenvolvemento, ao tempo que o deseño é a ferramenta que constitúe a base e a forza impulsora da innovación.

Cidades pola Innovación- Rede INNPULSO

Esta distinción recoñece ás cidades líderes que apoiaron investimentos en infraestruturas que favorezan a sostibilidade económica e melloren o noso patrón de crecemento baseado no coñecemento e a innovación.

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...